• Avogados en Boiro

Selecciona o teu idioma

Solucións legais a súa medida en Boiro

Se está a buscar un despacho de avogados en Boiro no que lle ofrezan un trato próximo, poidan responder a todas as súas dúbidas legais e ofrecerlle un asesoramento xurídico non dubide en poñerse en contacto co bufete da avogada Carolina Oubiña.

Grazas á grande experiencia no sector e aos moitos casos gañados durante a súa traxectoria, a avogada ofrece aos seus clientes os seus servizos en todas e cada unha das áreas do dereito. Dentro das especialidades podemos destacar, por exemplo, o Dereito Laboral, o Dereito de Familia e Sucesións.

Se está a buscar un avogado en Boiro que lle poida axudar con todo tipo de trámites legais como poden ser un divorcio, unha herdanza ou un despedimento, non dubide en poñerse en contacto co despacho.

Solucións totalmente personalizadas

Despacho de avogados en Boiro

Confíe na avogada Carolina Oubiña

Confidencialidade

Aseguramos a máxima confianza e garantías de total confidencialidade.

Experiencia

Numerosas vitorias e defensas ao longo da súa traxectoria profesional.

Profesionalidade

En continua evolución e formación para ofrecer a máxima profesionalidade.

Asesoramento

Dende o primeiro momento asesoraráselle de maneira totalmente personalizada.

Especializada en diferentes áreas do dereito

Dereito de familia

Asesorámoslle con problemas relacionados con divorcios, o establecemento de medidas paterno-filiais, as filiacións e outras cuestións das relacións familiares.

Dereito de sucesións

Axudarémoslle coa xestión de todo o relacionado co falecemento dunha persoa dende a tramitación do testamento, división de herdanzas, impostos de sucesións...

Dereito laboral

Ofrecemos servizos tanto a particulares como a empresas con todo o relacionado cos despedimentos, procesos de incapacidade, conciliación, accidentes de traballo e máis.

Avogados de familia, sucesións ou laboral en Boiro

Resolvemos as súas dubidas

Que horario ten o seu despacho de avogados en Boiro?

O horario habitual do despacho de Carolina Oubiña en Boiro é de luns a venres de 10:00 a 18:00 horas, pero axustámonos ao horario que necesite. Solo ten que poñerse en contacto coa nosa avogada Carolina Oubiña e encaixar a reunión na data idónea.

Cales son os trámites da rama da avogacía familiar que máis traballa?

A avogada Carolina Oubiña especializouse na rama do dereito de familia, onde a miúdo tramita cuestións relacionadas con separacións, divorcios, réxime de visitas, modificación de medidas, impagamento de pensións, garda e custodia, reclamacións de paternidade ou pensións compensatorias.

Onde se atopa o despacho de Carolina Oubiña?

Poderá atopar a Carolina Oubiña no seu despacho de avogados en Boiro situado na rúa Borobó, 4, baixo, oficina 5.

Solicite unha cita no noso despacho de avogados en Boiro

Non dubide en contactar coa avogada Carolina Oubiña para solucionar todos os seus problemas.

Pedir cita