• Avogados en Boiro

Selecciona o teu idioma

Servizos da avogada en Boiro

Experta en Dereito Laboral, de Familia e Sucesións

Chámenos se precisa asesoramento.

Contactar
Asesoramento legal en Boiro

Resolvemos todos os seus problemas

Asesoramento legal en Boiro en todas as áreas do dereito

Se está a pensar en comezar os trámites de divorcio, necesita asesoramento sobre Dereito Laboral ou, por exemplo, precisa un avogado para poder repartir unha herdanza non dubide en poñerse en contacto co noso despacho de avogados en Boiro.

Grazas á traxectoria no sector, no despacho de Carolina Oubiña, podemos ofrecerlle aos nosos clientes un asesoramento legal en todas as áreas do dereito.

Zonas nas que ofrecemos os servizos

  • Ribeira
  • Padrón
  • Noia
  • Outes
  • Negreira
  • Santiago
  • Vilagarcía de Arousa
  • Caldas
  • Cambados
  • A Estrada

Quere contratar os servizos da avogada Carolina Oubiña?

Estudamos o seu caso a medida para poder ofrecerlle a solución máis axustada e adaptada ao que necesite.

Chamar

Avogada especialista en Dereito Laboral, Dereito de Familia e Sucesións

Dereito Laboral

Esta área do dereito é aquela que xestiona e regula a relación entre as empresas e os traballadores. No noso despacho de avogados ofrecemos os nosos servizos tanto a particulares como a empresas polo que non dubide en, se o necesita, solicitar unha cita con Carolina Oubiña.

Dentro dos trámites que se inclúen no Dereito Laboral podemos destacar:

  • Despedimentos
  • Reclamación de salarios
  • Incapacidades
  • Vacacións
  • Modificacións nas condicións de traballo
  • Conciliación do traballo coa vida persoal
  • Accidentes de traballo
  • Sancións laborais

Dereito de Familia

Cada vez son máis os clientes que acoden ao noso despacho de avogados en Boiro para levar a cabo algún trámite relacionado co Dereito de Familia, é por iso que nosa profesional especializouse nesta rama do dereito para ofrecer o mellor asesoramento.

Entre os diferentes trámites que se enmarcan os máis solicitados son:

  • Separacións
  • Divorcios
  • Réxime de visitas
  • Modificación de medidas
  • Falta de pagamento de pensións
  • Garda e custodia
  • Reclamacións de paternidade
  • Pensións compensatorias

Dereito Sucesorio

Tamén coñecido como Dereito de Sucesións nel enmárcanse todos os trámites que se deben realizar cando unha persoa falece. Desta maneira, encárgase tanto dos dereitos como das obrigacións e/ou os bens que pode herdar calquera persoa.

Os trámites que máis realizamos no noso despacho de avogados en Boiro son:

  • Herdanzas
  • Testamentos
  • Pactos sucesorios
  • Últimas vontades
  • Coberturas de defunción
  • Renuncia a herdanzas
  • Impostos de sucesións
  • Inscricións catastrais

Respondémoslle

As súas preguntas sobre o seu despacho de avogados en Boiro

Como enfocan a atención e resolución dos casos no despacho de Carolina Oubiña?

Ofrecemos a cada un dos clientes un asesoramento personalizado para a resolución dos seus conflitos da maneira máis favorable segundo os seus intereses. No dubide en poñerse en contacto co seu despacho de avogados en Boiro e xuntos buscaremos a mellor solución.

Poderían axudarme a solucionar un problema cunha herdanza?

Por suposto. A avogada Carolina Oubiña está especializada en Dereito Sucesorio, polo que poderá axudarlle a solucionar todos os trámites a realizar cando unha persoa falece. Os seus anos de experiencia como avogada en Boiro aválana para poñerse á fronte de calquera caso relacionado con herdanzas, testamentos, impostos de sucesións, renuncias ou outras cuestións dese estilo.

Que debo facer se sufrín modificacións nas miñas condicións laborais?

Póñase en contacto co despacho de Carolina Oubiña. Como avogada especializada en Dereito Laboral, estudará o seu caso ofrecéndolle un asesoramento personalizado e indicaralle cales son as pautas a seguir na súa situación. Chámenos para concertar unha cita. Adaptámonos ao horario que necesite.

Abogados con experiencia en Boiro

Solicite unha cita no despacho de Carolina Oubiña

Se necesita asesoramento legal non dubide en pedir unha cita no noso despacho de avogados en Boiro. Adaptamos os nosos horarios ás súas necesidades.

Solicitar cita